Escoitar

O alcalde felicitou ás ximnastas do Club Maniotas, bronce no Mundial de Ximnasia Estética

Abel Caballero recibiu este xoves ás ximnastas do club vigués Maniotas que veñen de quedar terceiras do Campionato Mundial de Ximnasia Estética. O alcalde adiantou que o Concello cooperará co proxecto da entidade para converter esta modalidade en "núcleo de referencia" na cidade.

xoves, 28 xuñ 2012
1340885505maniotas.jpg
O alcalde explicou que esta modalidade "lúdico-deportiva" conta cunha "enorme afición" na cidade e quixo felicitar ás ximnastas, entre os 18 e os 24 anos, que se constitúen como "referencia" para otras que seguen os seus pasos. Caballero indicou que colaborará coa entidade no proxecto deportivo que presentarán ao Concello.
Descargar todas as imaxes