Escoitar

Caballero insta ao Goberno Central e Xunta a adiantar os cartos aos afectados polas preferentes

O alcalde de Vigo cualificou este mércores de "razonable" a solución do comisario europeo de Competencia, Joaquín Almunia, para os afectados polas preferentes e reclamou ás administracións autonómica e estatal que adianten os cartos aos pequenos aforradores para logar reclamalos ás entidades emisoras destes produtos.

mércores, 27 xuñ 2012
1340798075alcalde2.jpg
Abel Caballero ve como unha "magnífica solución" a aportada por Joaquín Almunia para os pequenos aforradores que teñen os seus cartos nas participacións preferentes e demandou dos gobernos da Xunta e do Estado que asuman esta proposta que "resolvería o problema de miles e miles de familias".

O primeiro edil ve "razonable" que sexan o Estado e os gobernos autonómicos, neste caso a Xunta de Galicia, a que adianten a totalidade dos cartos aos afectados por este produto de elevado risco para logo reclamar as administracións directamente ás entidades financeiras emisoras.

Area Metropolitana
Noutra orde de cousas, Abel Caballero informou ante os medios de comunicación da convocatoria para o 4 de xullo da sesión plenaria para a elección dos representantes metropolitanos, cumprindo así coa normativa da Lei de Área Metropolitana aprobada pola Xunta de Galicia.

O alcalde recordou que "é imperativo convocar ese pleno" pero adiantou que fará todo o que a lexislación permita para "defender esta cidade en contra deste atraco" que representa para Caballero unha lei que "incauta" competencias á primeira cidade de Galicia. O rexedor dixo que servizos xurídicos municipais e externos estudan xa esta normativa.
Descargar todas as imaxes