Escoitar

"A volta ao mundo en 80 guías", mostra bibliográfica de viaxes na Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Chega o verán, e con el as vacacións e as ganas de viaxar e coñecer novos lugares. Así, durante todo o mes de xullo a biblioteca exporá unha selección do fondo bibliográfico do seu centro de interese "Viaxes", no que atoparemos guías de distintos países e cidades, guías de conversa, libros con rutas lendarias... Só nos queda escoller a que máis nos guste, facer as maletas e poñernos rumbo ao noso destino!

martes, 26 xuñ 2012
134070960880viaxes.jpg
Destinatarios: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Horario de apertura da biblioteca: Mañás: Martes a sábados das 11:00 ás 14:00 h Tardes: Luns a venres das 17:00 ás 20:30 h Do 15 Xuño ao 15 Setembro a apertura de tarde será ás 18:00 h
Descargar todas as imaxes