O Concello inicia a tramitación para derrubar as naves ilegalizadas do porto deportivo de A Lagoa

venres, 18 nov 2011

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres do acordo adoptado pola Xerencia de Urbanismo -cos votos favorables do PSOE, a abstención do BNG e o voto en contra do PP- de iniciar a tramitación para dar cumprimento á "sentenza xudicial firme" do Tribunal Supremo. O goberno local executa o ditame dos xulgados de forma subsidiaria, co que trasladará á propiedade o custo do derrubo.

O Concello tramita a rehabilitación do edificio Bandeira para centro comercial

xoves, 17 nov 2011

O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves á propiedade da estrutura e adiantou que na próxima primavera poderían comezar algún aspecto da obra, como a desmontaxe da fachada actual, pedra por pedra. Os promotores rehabilitarán o edificio para convertilo nun centro comercial de catro alturas e accesos por Aragón e Jenaro de la Fuente. Caballero asegura que "significará unha reactivación" do comercio e da zona.

Urbanismo deu luz verde ao retorno a casa dos veciños do número 20 da rúa Colombia

mércores, 16 nov 2011

O alcalde, Abel Caballero, informou este mércores que o goberno local ven de levantar a orde de desaloxo que pesaba sobre edificio número 20 da rúa Colombia, co que os veciños xa poden retornar ás súas vivendas con todas as "garantias" ofrecidas polos técnicos. O realoxo do número 20 da continuidade ao efectuado no número 18 con anterioridade, concluíndo os desaloxos da rúa Colombia.

Urbanismo inicia o desenvolvemento dun ámbito urbanístico en Samil de 65.000 m2 e o 48% de vivenda protexida

venres, 11 nov 2011

O alcalde, Abel Caballero, deu conta hoxe venres dos acordos adoptados na Xerencia municipal de Urbanismo, entre os que se atopa o inicio do procedemento para a tramitación e aprobación do planeamento de desenvolvemento do ámbito de 65.000 metros cadrados fronte ás pistas deportivas de Samil. Explicou Caballero que a cidade recibirá 10.000 m2 de zonas verdes e 550 prazas de aparcamento públicas.

O alcalde informou do regreso ás súas casas dos veciños realoxados de A Seara e do número 18 da rúa Colombia

xoves, 10 nov 2011

Abel Caballero mantivo na tarde de onte mércores unha reunión cos veciños da rúa Colombia e da Seara que foron realoxados para comunicarlles a decisión do goberno municipal unha vez recibidos os informes técnicos. Co retorno ás súas vivendas dos inquilinos do 18 de Colombia e de A Seara, unicamente quedan aínda en realoxo os do número 20 da primeira rúa, que precisan de 10 ou 15 dias máis.

Caballero ratifica que os veciños realoxados da rúa Colombia volverán as súas vivendas en dúas semanas

mércores, 9 nov 2011

O alcalde informou este mércores que a propiedade dos edificios desaloxados e a promotora do inmoble anexo en contrución presentan hoxe os seus informes técnicos ao Concello, para sumarse aos realizados pola Xerencia de Urbanismo e determinar así as condicións de habitabilidade dos mesmos. Abel Caballero reiterou que "entre hoxe e mañá" xoves os veciños do número 18 retornarán e os do número 20 o farán nun prazo máximo de dúas semanas.

Caballero informa do inicio do proceso urbanístico para crear 600 novas vivendas en Cabo Estai

mércores, 9 nov 2011

O alcalde coñeceu este mércores o plan parcial presentado polos propietarios maioritarios do ámbito Cabo Estai Norte, de 240.000 metros cadrados de extensión, que incluirá 600 vivendas -cunha altura máxima de tres pisos- cun 50% de vivenda protexida, espazos verdes e zonas deportivas de uso público. Caballero explicou que o proxecto será recibido na Xerencia de Urbanismo a próxima semana.

O rexedor adianta que veciños realoxados de A Seara e Colombia volverán "entre mañá e pasado" ás súas vivendas

martes, 8 nov 2011

Tras as inspeccións técnicas realizadas, Caballero apuntou que "o desaloxo de A Seara posiblemente remata hoxe mesmo" polo que "seguramente mañá" mércores os catro afectados do inmoble anexo retornarán ás súas casas. Por outra banda, os inquilinos do número 18 da rúa Colombia volverán "entre hoxe e mañá" mércores a casa e os do número 20 "nun prazo máximo de dúas semanas", tras ver os técnicos que os "danos" son "menores do que se preveían".