O Concello da luz verde ao desenvolvemento urbanístico de 140 vivendas en Tomás Alonso
Abel Caballero informou este venres do visto bo concedido por Urbanismo ao proxecto do ámbito de Esturáns, entre Tomás Alonso e a Praza da Industria, zona de 11.240 metros cadrados nas que se proxectan 140 vivendas, 57 de protección. O alcalde informou dunha nova sentencia favorable ao Concello sobre o PXOM.
O devandito proxecto xa pasou polo trámite de exposición pública e o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidiu hoxe venres elevalo á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación definitiva. Indica o alcalde que o de Esturáns é un "ámbito moi importante" no desenvolvemento urbanístico en Tomás Alonso, na parte traseira do asteleiro Barreras.
O alcalde, Abel Caballero, informou asemade dunha nova sentencia xudicial relativa ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, favorable aos intereses do Concello de Vigo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou a anulación, solicitada polo demandante, do ámbito de Cruceiro, en Alcabre, onde a normativa urbanística prevé unha urbanización con edificabilidade para medio millar de vivendas. Caballero apuntou que as resolucións xudiciais favorables ao Concello sobre o PXOM superan o medio centenar.
Urbanismo acordou conceder case 21.000 euros para a rehabilitación dun inmoble na rúa Elduayen de cinco vivendas, e aprobou outorgar 5.700 euros en axudas a 28 solicitantes para a realización do informe da Inspección Técnica de Edificios.