Escoitar

O Concello abre o concurso para subir a 40 nenos e nenas na Cabalgata de Reis

40 nenos e nenas de entre 8 e 12 anos acompañarán aos Reis Magos na Cabalgata do próximo 5 de xaneiro. O sorteo realizarase entre os que cubran a solicitude que poden recoller na lonxa do Concello e a depositen nas caixas de correos do Carteiro Real. O prazo de inscripción estará aberto do 10 ao 17 de decembro.

venres, 30 nov 2012
O alcalde informou este venres da aprobación, na Xunta de Goberno Local, das bases do concurso para que 40 nenos e nenas da cidade, nacidos entre o 1 de xaneiro de 2000 e o 31 de decembro de 2004, poidan acompañar aos Reis Magos na tradicional Cabalgata do día 5 de xaneiro.

O boletín de inscripción estará dispoñible na oficina de Información do Concello de Vigo e, unha vez cuberto, pódese depositar nas caixas de correos do Carteiro Real habilitadas na propia lonxa do Concello e nos centros cívicos do Casco Vello, Teis, Saiáns e Coruxo. O prazo de inscripción ábrese do 10 ao 17 de decembro.

Máis información