Bando co gallo das festas do Nadal
<br />
Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas:
Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións:
1.- As obras de canalizacións para servicios de saneamento, auga, electricidade, gas e telecomunicacións que se están a executar na vía pública deberán quedar rematadas ás 24,00 horas do sábado día 15 de decembro de 2012. As empresas responsables delas estarán obrigadas a repoñer o pavimento e a sinalización para deixar expedita a libre circulación de persoas e vehículos, polo que terán que retirar casetas, valos, materiais de obra e maquinaria, coa limpeza de calzada e beirarrúas nas rúas e espacios públicos afectados.
2.- Asemade, na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas:
Isaac Peral, Doutor Canoa, Travesía de Vigo, Pizarro, Gran Vía e Coruña non se permitirán colectores de obra, sacos de residuos ou calquera outro acopio de materiais na vía pública, que deberán en todo caso ser retirados antes das 24,00 horas do sábado día 15 de decembro de 2012. As empresas responsables deles estarán obrigadas a retiralos, coa limpeza de calzada e beirarrúas nas rúas e espacios públicos afectados.
3.- Os traballos, que por atoparse no prazo de execución autorizado, que segundo o anterior teñan que suspenderse nestas datas, poderán continuarse a partir das 08,00 horas do vindeiro luns día 07 de xaneiro de 2013. Polo tanto as obras en curso na actualidade que non poidan ser rematadas na data indicada do 15 de decembro, terán que manter expedito o paso por elas e o seu entorno, durante o período do Nadal, así como garantir unha correcta sinalización para o tráfico e seguridade viaria de persoas e vehículos, repoñéndoa á súa costa se se deteriorase por calquera motivo ou incidencia.
4.- Asemade, dende as 24,00 horas do sabado día 15 de decembro de 2012 ata as 08,00 horas do luns día 07 de xaneiro de 2013, prohíbese a realización de calquera outra obra ou traballo que afecte á vía pública, tanto na calzada como nas beirarrúas, salvo autorización expresa por parte desta Alcaldía.
5.- Nas devanditas datas únicamente poderán ser atendidas, sen limitación de horarios, as emerxencias ou avarías que revistan carácter de urxencia. Cumprirá darlle coñecemento destas, cando se produza, á Policía Local, cando menos telefónicamente e deberase presentar no Concello, a través do seu Rexistro Xeral, e dentro das 24 horas seguintes, un dictame xustificativo da urxencia e alcance da avaría, subscrito polo técnico competente responsable da obra ou instalación afectada.
6.- Os demais traballos de mantemento ou reparación precisos nas vías e servizos públicos, durante estes días, poderán realizarse entre as 21,00 horas e as 09,00 horas do día seguinte, trala autorización expedida pola Alcaldía.
7.- Lémbrase tamén que están obrigadas todas as empresas constructoras a retirar da vía pública todos os materiais, taboleiros, valos, maquinaria, etc., dos edificios en construción que non dispoñan dunha autorización expresa.
O incumprimento destas normas dará lugar á incoación do correspondente expediente sancionador e imposición da multa na contía máxima establecida na vixente lexislación de réxime local, así como á inmediata paralización das que se inicien, sen prexuízo de calquera outra medida que proceda adoptar.
Vigo, 26 de novembro de 2012
O ALCALDE
ABEL CABALLERO ÁLVAREZ