Escoitar

O Concello achega 136.000 euros á Federación de Veciños para a contratación de 21 persoas

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local de hoxe venres, Abel Caballero explicou que o Concello aprobou o convenio coa Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (FAVEC) no marco do Plan Municipal de Emprego. Ata o momento, o goberno de Vigo ten xa comprometida a creación de 249 empregos.

venres, 30 nov 2012
O alcalde de Vigo puxo en valor o convenio aprobado este venres para achegar á Federación de Veciños un total de 136.000 co compromiso de creación de 21 postos de traballo, acordo enmarcado no Plan Municipal de Emprego que promove o Concello de Vigo cun investimento de 2,4 millóns de euros para a contratación de 350 persoas.

Tal e como afirmou Caballero, o goberno local validou ata o momento convenios con distintas entidades por valor de 2,1 millóns de euros para xerar 249 postos de traballo.