Escoitar

Caballero anuncia a aprobación no 2012 de 2,9 millóns para o Servizo de Axuda no Fogar

O alcalde informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno Local dunha nova partida do Servizo de Axuda no Fogar, do que se benefician máis de 500 persoas dependentes ou en risco de exclusión social. Ata o momento, o Concello xa leva executados 2,5 millóns.

venres, 30 nov 2012
1354279466AC.jpg
"Quero que a cidade saiba que adica unha parte moi importante da súa solidariedade a un número moi importante de persoas", aseverou Caballero, un total de 2,9 millóns ao longo do presente ano, dos que xa están executados 2,5 millóns.

O número de beneficiarios deste programa supera o medio centenar, segundo explicou o primeiro edil, que adiantou que "creo que é preciso continuar e manter" durante este mandato "sen ningunha dúbida".

Outros acordos
O goberno local aprobou hoxe venres o proxecto de convenio de colaboración do Concello e a Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva Monte da Mina, cunha achega municipal de 9.000 euros para o fomento das súas actividades.

Abel Caballero tamén informou doutros acordos adoptados polo goberno de Vigo esta mañá en materia de saneamento, máis de 51.000 euros para a execución de obras no Camiño Garagulla (en Bembrive), na rúa Doña Fermina (en Teis) e na Estación de Bombeo de Augas Residuais de Canido.
Descargar todas as imaxes