Escoitar
Normalización Lingüística

Obradoiro de escrita creativa

<br />

venres, 30 nov 2012
Comunícase que os luns, 10 e 17 de decembro, de 18.00 h a 20.00 h, impartirase un obradoiro no seminario 17 do IME (Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, núm. 2) e será impartido por: Francisco Castro (escritor)

Número de praza: 15
Para inscribirse deben chamar ao teléfono: 986 81 02 81 de 9:00 h a 13:00 h (a partir do luns 3 de decembro)

Dirixido a persoas ás que lles gusta escribir.
Neste obradoiro, gratuíto, concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa, quen acuda terá a oportunidade de plasmar sobre o papel o que hai na súa imaxinación, literaturizar a súa vida, xogar a crear mundos coas palabras...
Todas as persoas que participen terán a ocasión de, dende o primeiro momento, escribir poemas, relatos, contos... sempre partindo de actividades moi sorpendentes.