Escoitar

A pista de patinaxe sobre xeo de Coia comeza a funcionar o sábado 1 de decembro

A xa tradicional pista de xeo de Coia abrirá as súas portas o sábado 1 de decembro na rúa Castelao, onde xa se instalou o ano pasado. Tal e como explicou o rexedor, nesta ocasión, haberá unha carpa con hinchables e xogos para os máis pequenos.

xoves, 29 nov 2012
1354193286pistaxeo.JPG
A partir do próximo sábado 1 de decembro todos aqueles que o desexen poderán patinar na pista de xeo que un ano máis estará ubicada na rúa Castelao. Así o explicou Abel Caballero nunha visita ás instalacións durante a que loubou a estética das mesmas ao tempo que indicou que esta edición, como novidade, haberá outra carpa con hinchables e zonas de xogo para os máis pequenos.

A pista, que é máis ampla que a do ano pasado, segundo avanzou o rexedor, estará funcionando ata o 13 de xaneiro.
Descargar todas as imaxes