Caballero cualifica o taxazo xudicial "como un atentado contra os dereitos constitucionais"
O rexedor trasladou hoxe mércores o apoio do Goberno municiapal aos profesionais da Xustiza que están a demandar a retirada do taxazo xudicial. Caballero, quen mantivo esta mañá un encontro con profesionais da Xustiza, destacou a "importante afectación" que vai ter esta lei na vida cotiá dos cidadáns.
O primeiro edil destacou que esta lei terá un "efecto disuasorio" á hora de acudir á aos tribunais e prexudicarán aos traballaodres e clases medias. Indicou que cuestións que ata o de agora supoñían un custo de 100 ou 50 euros pasarán a 800 ou 1.000 euros e, ademais, puntualizou, que unha denuncia a un banco polas participacións preferentes elévase a 940 euros e un despido improcedente alcanza os 1.250 euros. Co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre a "importante afectación" que vai ter esta lei na vida cotiá dos cidadáns, avanzou que manterá contactos con colectivos da cidade, ademais de trasladar o seu apoio ao grupo parlamentario do PSOE para que presente o seu recurso de inconstitucionalidade que impida a posta en marcha da lei.
Descargar todas as imaxes