O programa "Estudio Aberto" visita ó artista Din Matamoro
O mércores, 28 e o xoves, 29 de novembro o artista Din Matamoro ofrecerá unha visita guiada á súa exposición que, co título Niebla se pode ver na Fundación Laxeiro ata o 20 de xaneiro. Despois da visita, visitarase o seu estudio.O programa Estudio aberto é un proxecto que se realiza en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado.<br /> <br />
Mediante este programa visitouse anteriormente o estudo do artista Ignacio Pérez – Jofre, quen participou na exposición colectiva titulada Radiador. Fixo unha interesante visita guiada á mostra e despois visitouse o seu estudio onde, ademais de amosar obras súas de diferentes épocas, explicou o seu modo de traballo.
Para o mes de decembro temos programada (todavía sen data) a visita a O tinglado o estudio/obradoiro da escultora Emilia Guimeráns.
Para reservar data, só hai que poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro en tlf 986-43 84 75 ou info@laxeiro.es
O mércores está completo, só quedan prazas para o xoves, 29.
Descargar todas as imaxes