Terceiro concerto da ORQUESTRA VIGO 430 dentro do Programa Sinfónico de Outono
Este mércores 28 de novembro, ás 20,30h, terá lugar no auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música (rúa Manuel Olivié 23), un novo concerto da Orquestra VIGO 430, dentro do seu Programa Sinfónico de Outono, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.
Nesta ocasión a orquestra interpretará obras de Mozart, Brahms e Poulenc, baixo o título "Tres séculos de Música de Cámara", que pretende dar unha visión deste estilo musical dende o século XVIII ao XX, buscando algunhas das composicións máis representativas de cada unha das épocas.
As entradas están á venda na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26), a un prezo de 10 € anticipada e 12 € no despacho de billetes. Os estudantes, parados e pensionistas que así o acrediten terán entrada reducida a 9 € e 11 €, respectivamente. Tamén haberá a posibilidade de abonos para os catro concertos do ciclo de outono a un prezo de 34 €.
Descargar todas as imaxes