Escoitar
Normalización Lingüística

Representación teatral "A tempestade" de William Shakespeare

<br />

venres, 23 nov 2012
A obra "A tempestade" terá lugar no Auditorio municipal (praza do Rei, número 1) o martes, 27 de novembro, ás 20.00 horas,
Será representada pola compañía teatral de alumnado da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD). O elenco da obra está integrado por un total de 11 alumnos e alumnas.
A entrada é gratuíta con invitación que se debe recoller no Servizo de Normalización Lingüística (praza do Rei, número 1 -1.ª planta) os días 26 e 27 de novembro de 8:00 a 15:00 horas
Sinopse: preséntanos a vinganza de Próspero, duque italiano perdido nunha illa remota, contra as persoas que causaron a súa desgraza. Relato fantástico, drama musical, comedia romántica e farsa bufonesca.
É o derradeiro texto completo escrito por Shakespeare.