O alcalde eloxia o traballo de Bosch na cidade, a sede principal da empresa para a península
Abel Caballero visitou este xoves as instalacións centrais de Bosch Communication Center en Vigo, a sede principal da empresa para a península e o centro desde o que se pilota a estratexia de expansión e as actividades vencelladas ao crecemento do negocio en hipanoamérica. A entidade emprega a 1.400 persoas na cidade.

O alcalde vigués, en declaracións ao remate da visita, salientou que "parte moi importante" do plantel da multinacional son traballadores entre 25 e 35 anos e "de elevada cualificación" na atención ao cliente ou ao produto.
Descargar todas as imaxes