Escoitar
Case 2.000 alumnos e alumnas da cidade participarán nesta actividade e nunha exposición colectiva

Vigo conmemorará o 25 de novembro cun gran tapiz humano contra a Violencia de Xénero

O venres 23 de novembro,Vigo volve a manifestar o seu rexeitamento contra a lacra da Violencia de Xénero, coa formación dun gran tapiz humano no centro da cidade. A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller fan un chamamento a toda a cidadanía para que se sume a esta iniciativa, que conta co apoio da maioría dos centros deensino da cidade nos que se imparte ESO e FP.<br /> <br />

xoves, 22 nov 2012
1353585377imagenenlaza.jpg
O programa previsto para este ano inclúe unha exposición colectiva sobre Violencia de Xénero, na que tamén participará de xeito moi activo o alumnado vigués, así como asociacións de mulleres, outros colectivos sociais e calquera persoa que desexe contribuír a esta mostra.

Tapiz humano

O tramo da rúa Urzáiz comprendido entre a Farola e a rúa República Arxentina será o escenario, o vindeiro venres 23 de novembro, onde se formará un gran tapiz humano que simbolizará o rexeitamento da cidade de Vigo á violencia machista. O acto central de Enlaza Vigo- Reacción Cidadá contra a Violencia de Xénero comezará ás 12:00 h.

O alumnado vigués poderá participar dun xeito activo, desde a súa chegada ao punto de encontro (Farola de Urzáiz) e ata o momento de crear o tapiz humano, en diversas actividades lúdicas e reivindicativas que reflicten as distintas expresións artísticas e deportivas que practica a mocidade.

Así, desde as 10:30 h. (hora prevista da chegada dos e das primeiras participantes) e ata as 11:45 h. (hora na que se comezará a formar o tapiz) haberá exhibicións de malabares, parkour, patíns en liña, breakdance, graffiti ou rap. Deste xeito, os mozos e mozas participantes poderán disfrutar dun variado programa, que coordinará un equipo de animación socioxuvenil.

No acto, que contará coa colaboración da escritora Ledicia Costas e da pedagoga Nuria Carballido na parte de locución e animación, volverán a estar presentes as siluetas brancas que representan ás vitimas. O pasado ano estas siluetas tamén protagonizaron a cadea humana contra a Violencia de Xénero e posteriormente foron depositadas de xeito simbólico na ladeira do castro.

Trala lectura dun manifesto co gallo do 25 de novembro-Día Internacional contra a Violencia de Xénero e a realización do tapiz humano, os alumnos e alumnas participantes regresarán aos seus centros de ensino. Gran parte do alumnado utilizará o servizo de transporte que a Concellería de Igualdade pon á súa disposición.

O tramo da rúa onde se realizará este acto cortarase ao tráfico rodado para garantir a seguridade das persoas participantes.
Descargar todas as imaxes