Curso de marketing social na Casa Galega da Cultura
Baixo o título " Non o digo de oídas" a oficina Municipal de Voluntariado e a ONG Solidarios Anónimos, presenta o primeiro Master Class Social protagonizado polos colectivos do terceiro sector. O acto no que tamén se presentará o libro "Anarquía creativa" de Carlos Mañas, terá lugar na Casa Galega da Cultura o xoves 22 de novembro de 17h a 20 horas.

O Master tenta dar unha visión das necesidades de incorporar o marketing nas entidades do terceiro sector e dar a coñecer ferramentas de xestión propias do marketing social capaces de programar campañas de sensibilización aptas para consolidar a misión das organizacions.
No transcurso do acto o activista social Carlos Mañas presenta o obra "Anarquía creativa" , un texto que describe o xeito de comunicar inxustizas e sensibilizar á audiencia.
No transcurso do acto o activista social Carlos Mañas presenta o obra "Anarquía creativa" , un texto que describe o xeito de comunicar inxustizas e sensibilizar á audiencia.

