Bando
<br />
Ante a proximidade das Festas do Nadal onde prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos,bengalas,tracas, etc), lémbrolle a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.
Lexislación aplicable:
Lei orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.
Real Decreto 563/2010, de 7 de maio, modificado por outro RD 1335/2012, do 21 de setembro, polo que se aproba o regulamento de artículos piroténicos e cartuchería e mailas súas instruccións complementarias, entre a que destaca, a instrucción núm.17 que regulamenta as normas sobre venda ao público de artículos pirotécnicos.
Queda prohibido:
- A venda e a subministración de produtos pirotécnicos por persoas físicas ou xurídicas que non contén coa autorización do Subdelegado do Goberno. As preceptivas autorizacións exhibiranse en lugares ben visibles nos establecementos de venda. Asemade, a licenza municipal de actividade do establecemento debe autorizar expresamente a venda destes produtos.
- A venda dos artificios a quen se atope baixo os efectos de bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes.
- A venda ambulante de artificios pirotécnicos
- A fabricación, circulación e venda de calquera obxecto para uso infantil que presente, externamente, substancias explosivas ou detonantes susceptibles de contacto directo. Para a circulación e venda de produtos pirotécnicos infantís, será necesario que figuren neles a marca ou cabeceira do fabricante e o número que teña asignado polo Ministerio de Industria. Cando non sexa posible a marcaxe directa no produto, farase no envase que o conteña. Os produtos infantís de importación deberán cumprir as mesmas condicións que os nacionais.
- Aos menores de 12 anos, a subministración e uso de artificios pirotécnicos, con excepción dos pistóns de percusión para xoguete. Enténdese como pistóns de percusión para xoguete, aquelas envolturas ou cápsulas non metálicas que conteñen un toque de composición pirotécnica sensible ao impacto e que produce unha pequena detonación cando se golpea.
- A manipulación ou uso dos artificos pirotécnicos nas vías públicas e espazos públicos no termo municipal de Vigo, agás que se conte con expresa autorización municipal.
Control das forzas e Corpos de Seguridade:
A Policía Local, coa colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade, velará polo estrito cumprimento da lexislación vixente, e denunciará as infraccións que ao respecto se cometan que serán sancionadas, chegado o caso, como faltas pola Aministración competente, sen prexuízo das responsabilidades civís ou penais que se deriven dos feitos. As sancións irán acompañadas da incautación do material, e, de selo caso, conlevarán o peche do establecemento responsable.
Esta Alcaldía espera unha positiva resposta de toda a cidadanía no cumprimento deste Bando.
RGB/78302
Vigo, 20 de novembro de 2012
O ALCALDE
Abel Caballero Álvarez