O Concello xa aprobou convenios para a creación de 228 empregos con 2 millóns de investimento
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou hoxe venres convenios de colaboración con Cáritas, Down Vigo, Autismo Vigo, AVEMPO e Érguete-Integración para a creación de emprego, acordos dun Plan Municipal de Emprego que ata o momento xa xerou 228 postos de traballo dos aproximadamente 350 previstos.

Abel Caballero asinou este venres novos convenios do Plan Municipal de Emprego, desta volta, con entidades de carácter social como Cáritas, Down Vigo, Autismo Vigo, AVEMPO e Érguete-Integración. O Concello de Vigo -que deu o seu visto bo a outro acordo coa Fundación Convention Bureau na Xunta de Goberno Local de hoxe- liberou este venres uns 350.000 euros para crear máis de 40 postos de traballo.
O Plan Municipal de Emprego, segundo explicou Caballero, contempla un investimento aproximado de 2,4 millóns de euros en convenios con distintas entidades que inclúen o compromiso de creación duns 350 postos de traballo. Deste total, o goberno de Vigo xa validou máis de dous millóns.
Descargar todas as imaxes