Escoitar

O goberno local convoca 47 novas bolsas de idiomas das case 500 concedidas este ano

Tras a Xunta de Goberno Local celebrada este venres, o alcalde anunciou a aprobación das bases da convocatoria de 47 novas achegas de inmersión lingüística para o alumnado da Escola de Idiomas de Vigo, cifra que acada as 494 bolsas condedidas este ano por un investimento de case 1,1 millóns de euros.

venres, 23 nov 2012
Caballero explicou que o Concello, a través do departamento de Educación e cun investimento de 80.000 euros, aprobou este venres as bases da convocatoria para a concesión de 47 bolsas de estudos para estancias linguísticas no estranxeiro dos alumnos/as da Escola Oficial de Idiomas de Vigo para o curso 2012-2013.

Das 47 becas, e proporcionalmente ao número de inscritos en cada idioma no centro de Martínez Garrido, o Concello adicará 36 para Londres, catro para París, tres para Berlín, dúas para Roma e unha para Lisboa e Xapón, esta última incluída por primeira vez. A bolsa do Concello sufraga a estancia de dúas semanas, os viaxes, o aloxamento, os seguros e un curso intensivo en inmersión lingüística.

O contido desta convocatoria e os formularios de solicitude publicarase na páxina web do Concello de Vigo e poderán descargarse da mesma, sendo o prazo de presentación de solicitudes de 7 días hábiles contados dende o seguinte á publicación da convocatoria na prensa local. Igualmente, na sede central da EOI de Vigo habilitarase de xeito permanente un punto de información e axuda á xestión ata o remate do prazo de presentación de solicitudes.

Tal e como explicou o alcalde vigués, estas 47 novas bolsas de idiomas súmanse ás 447 xa concedidas e que puideron vivir esta experiencia durante este 2012. En total, os beneficiarios do programa municipal ascenden a 494 alumnos, entre a Escola de Idiomas de Vigo e escolares de Secundaria. O investimento do Concello nestas achegas ronda os 1,1 millóns.