O goberno local proxecta un complexo deportivo en Navia con ximnasios e piscina
O Pleno da Corporación Municipal acordou este luns a xestión indirecta do servizo público do novo complexo deportivo de Navia, que integrará un centro de auga con piscina, ximnasios, zonas deportivas exteriores e aparcamento. Coa aprobación plenaria, o Concello comezará a redacción dos proxectos.
O acordo estipula que o novo centro deportivo de Navia operará baixo a mesma fórmula que as instalacións Máis que Auga en A Florida e Barreiro e o goberno local, unha vez aprobado polo Pleno, comezará a elaborar os anteproxectos.