Abelairas esixe á Deputación manter o servizo de teleasistencia que en Vigo atende a 590 persoas
Isaura Abelairas insta á Deputación a seguir financiando o servizo de teleasistencia que atendía en Vigo a 590 maiores. A concelleira de Políticas Sociais criticou esta mañá a decisión do Goberno Central de suprimir os 32 millóns de euros que figuraban nos orzamentos xerais do Estado e que se distribuían aos concellos a través das deputacións provinciais.
A concelleira de Políticas Sociais esixe á Deputación que siga a sufragar o programa de teleasistencia conveniado co Concello e financiado ata o de agora con cartos do Imserso. Tal e como relatou, o Goberno Central retirou a partida de 32 millóns de euros que figuraban nos orzamentos xerais do Estado para tal fin, sen atender, polo tanto, a enmenda ás contas do Estado que se presentou desde a Femp solicitando a restauración desta axuda. A edil afirmou que é a Deputación a que contrataba este servizo e quen decidía quen o podía recibir, de xeito gratuito, en función dun baremo establecido previamente pola administración provincial. O Concello aportaba ao organismo provincial 18.000 euros e o número de beneficiados en Vigo ascendía a 590 ata este ano.
Abelairas criticou os recortes sociais neste contexto de crise económica e defendeu a neceside de manter este plan concertado tendo en conta que a demanda de servizos sociais medrou un 40% debido a situación económica. Durante a súa intervención, cifrou nun 15,7% a diminución en partidas sociais nos orzamentos xerais do Estado, o que xa supuso 297 millóns de euros menos para axudas en dependencia no ano 2012.
Unha merma de partidas que no caso de Vigo supón, exemplificou, a reducción en Cedro de 613.000 euros que recibiu en 2011 a 583.000 euros. No caso do Plan de Drogas, pasouse de 95.000 euros en 2011 a 0 euros en 2012, ou a desaparición dos convenios para emigración, que foron sustituidos por liñas de subvencións "máis arbitrarias e menos dotadas".
A concelleira contrastou estes recortes de Xunta e Goberno Central coas políticas levadas a cabo no Concello de Vigo, no que se incrementaron ata 3.689 as bolsas de comedor co obxectivo de paliar os 200.000 euros que deixou de aportar a Xunta. Tamén creceron, dixo, as bolsas de libros e as axudas de emerxencia social. Mención aparte, dixo Abelairas, merece a apertura do Centro de Inclusión Social, que abrirá as súas portas o próximo sábado, 1 de decembro.
Descargar todas as imaxes