Caballero esixe a Louzán que asuma o custo do servizo de teleasistencia seguindo o exemplo do seu homólogo de A Coruña
O alcalde de Vigo e vicepresidente da Femp instou hoxe mércores á Deputación de Pontevedra a asumir o custo da teleasistencia, logo de que o Goberno Central retirara os 28,9 millóns de euros que o Imserso adicaba a este servizo. Caballero esixiu a Louzán seguir os pasos do responsable da Deputación de A Coruña, quen xa anunciou que ese organismo compensará a retirada da partida dos orzamentos xerais do Estado.
Tal e como explicou hoxe mércores Abel Caballero todos os alcaldes da Femp criticaron na reunión que tivo lugar onte en Madrid a decisión do Goberno Central de retirar dos orzamentos xerais do Estado os 28,9 millóns cos que se sufragaba a teleasistencia de todos os concellos de España. Cualificou esta prestación de "importancia máxima" , que en Vigo atendía a preto de 600 persoas maiores e dependentes.
Durante a súa intervención, explicou que lle corresponde á Deputación de Pontevedra velar porque non se suspenda este servizo, responsabilizando a Louzán do que considerou unha "reglixencia posta en marcha por desalmados". Caballero animou ao responsable provincial de Pontevedra a emular ao seu homólogo de A Coruña, logo de que este anunciara que será a Deputación coruñesa que a que vai permitir a continuidade desta prestación suplindo a retirada de fondos do Goberno Central.