Escoitar

Caballero convoca aos alcaldes da Mancomunidade o próximo 10 de decembro

O alcalde vigués anunciou este mércores a convocatoria da Xunta de Goberno da entidade supramunicipal para abordar temas "de envergadura legal", como o pago dunha débeda que mantén a Mancomunidade con Facenda. Caballero fixa a reunión para salvaguardar a "responsabilidade" do Concello de Vigo.

mércores, 28 nov 2012
1354107351alcalde.JPG
A reunión dos alcaldes da Mancomunidade de Vigo queda fixada para o próximo 10 de decembro, ás 13:15 horas, cita na que o goberno da entidade supramunicipal deberá abordar o pago dunha débeda para a que existen fondos, pero precisa do acordo da Xunta de Goberno.

Abel Caballero -quen manifestou a súa "pouca esperanza" en que asistan os rexedores do Partido Popular, que xa votaron en contra do pago a Facenda na sesión constitutiva da MAIV do pasado ano- explicou que quere "deixar a salvo a responsabilidade do Concello de Vigo" nesta cuestión.
Descargar todas as imaxes