Escoitar

Un mediador nomeado polo Concello facilitará as negociacións entre os traballdores e Vitrasa

O Concello propuxo que o xefe da Inspección de Traballo de Vigo, José María Casas de Ron, medie na negociación entre traballadores e Vitrasa. Unha vez que as partes aceptaron esta proposta, o alcalde confiou en que "se senten coa vontade de acordo que sei que teñen".

xoves, 29 nov 2012
O xefe da Inpección de Traballo de Vigo, José María Casas de Ron, será o responsable de mediar entre os traballadores e Vitrasa, á instancias do Concello. O rexedor, tal e como explicou, deulle instruccións ao concelleiro de Transporte, Carlos López Font, para que propuxera a figura dun mediador que poidera facilitar as conversas. Unha vez aceptada polas partes, estas sentaránse a partir de mañá e, insistiu, "confío en que se senten coa vontade de acordo que sei que teñen". Caballero fixo fincapé, asimesmo, na necesidade de que se respecten os dereitos dos usuarios e dos traballadores.