O alcalde anuncia a construción dunha urbanización no Calvario que mellorará a conectividade entre San Roque e Ruiseñor

xoves, 15 dec 2011

Abel Caballero visitou este xoves os traballos previos á humanización e urbanización dunha parcela do Calvario entre San Roque e Ruiseñor, unha obra que executará o Concello creando 150 vivendas a abrindo un vial rodado entre as dúas rúas e unha zona peonil, de 6.000 metros cadrados. O investimento ascende a 4,2 millóns de euros, sufragados pola propiedade, e o alcalde estimou o remate dos traballos no comezo do ano 2013.

O Concello iniciará a demolición parcial do edificio "ilegal" de Churruca a mediados de xaneiro

mércores, 14 dec 2011

A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, avanzou que o Concello iniciará a demolición parcial de parte do edificio ilegal de Churruca a mediados do próximo mes de xaneiro, cumprindo deste xeito un mandato xudicial. Así o indicou esta mañá, logo de que se reunira a mesa de contratación para valorar as ofertas das nove empresas que aspiran a executar a sentenza xudicial, na que o Concello actúa como responsable subsidiario.

Carmela Silva congratúlase de que a Xunta presente un novo proxecto de Cidade de Xustiza, adaptado ao PXOM

mércores, 23 nov 2011

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, congratulouse este mércores de que a Xunta de Galicia presentase un novo proxecto urbanístico para a Cidade da Xustiza viguesa que si se adapta á normativa vixente, o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Silva adiantou que presentará ao goberno autonómico unha proposta pola que "Vigo non vai pagar un euro pola adquisición dos terreos" para a nova dotación xudicial viguesa.