O Concello abre un novo vial de acceso ao polígono da Gandariña, cun millón de euros de investimento
O alcalde, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e edil de Urbanismo, Carmela Silva, acudiron este mércores á apertura do novo carril desde a A-55 que da acceso ao polígono comercial da Gandariña. Caballero explicou que foi preciso un acordo de cesión dos terreos cos propietarios.
Trátase dunha nova vía que da acceso ao polígono comercial "máis importante aberto nos últimos anos no sur da provincia" -onde está situado Decathlon, entre outras superficies-, antes da saída para o Hospital Meixueiro, indicou o rexedor.
Caballero afirmou que "técnicamente queriamos un novo acceso directo desde Vigo que hoxe é unha realidade", un carrill de desaceleración e urbanización de acceso que costou un millón de euros e o acordo coa Dirección Xeral de Tráfico e a supervisión municipal, a través da Xerencia de Urbanismo.
Foi un "proceso complexo", segundo apuntou o alcalde, tanto polo volume de investimento como polo procedemento para a consecución dos terreos, que precisou dun convenio de cesión entre o goberno local e os propietarios, "un bo trato a efectos da cidade" que permite hoxe ter a obra "rematada e recepcionada", xa en uso desde hoxe.
Descargar todas as imaxes