O Concello abre un novo vial de acceso ao polígono da Gandariña, cun millón de euros de investimento
O alcalde, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e edil de Urbanismo, Carmela Silva, acudiron este mércores á apertura do novo carril desde a A-55 que da acceso ao polígono comercial da Gandariña. Caballero explicou que foi preciso un acordo de cesión dos terreos cos propietarios.