O alcalde garante para 2013 un novo sistema de tarificación da auga "en función dos intereses dos cidadáns"
Abel Caballero anunciou este luns que, ao longo de 2013, o goberno local cambiará a nova tarificación do recibo da auga en Vigo, que hoxe en día "non se adapta nin ás necesidades de Vigo nin dos cidadáns", ao facelo por tramos. O Concello recibiu o estudo encargado á concesionaria e os técnicos valorarán agora o texto.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu para 2013 o cambio no sistema de tarificación do recibo da auga, unha vez os técnicos e os xurídicos municipais valoren o estudo encargado e elaborado por Aqualia, a empresa concesionaria do servizo.
Coa recepción deste estudo, "temos as bases", indicou Caballero, para cambiar un sistema que tarifica por tramos de consumo desde "hai 20 anos", e "seguramente é a primeira vez" que un goberno local encarga un documento para cambialo. O alcalde adiantou que o goberno que preside "liderará" a nova tarificación para modificar unha fórmula de cobro que "non se adapta nin ás necesidades de Vigo nin dos cidadáns".
Para instaurar o novo modelo de cobro, o rexedor dixo que primeiro os técnicos e xurídicos do Concello analizarán o estudo elaborado pola concesionaria "de forma urxente", pois para tomar unha decisión "queremos ter as bases acreditadas polos xurídicos e técnicos do Concello". "A partir de ahí, acometeremos unha nova tarificación da auga nesta cidade", que será en 2013 e "en función dos intereses dos cidadáns de Vigo".
Descargar todas as imaxes