Inauguración de exposición temporal e xornada de comunicación no Museo Liste-Etnográfico de Vigo
O sábado,15 de decembro, ás 18,00h, terá lugar a inauguración da exposición temporal "AMULETOS: DE REZOS A CONXUROS", no Museo Liste-Etnográfico de Vigo (Pastora, 22), xunto á xornada de comunicación "OBXECTOS DE PODER". Esta xornada correrá a cargo do comisario da exposición, o profesorCarlos Solla Varela, escritor, etnógrafo e experto no ámbito da mitoloxía galega, que disertará sobre os obxectos de poder: amuletos, talismáns e pedras da fartura, as súas propiedades e vixencia na actualidade.<br />
A exposición "De rezos e conxuros" conten máis de cen obxectos aos que se lle asignan propiedades preservativas, defensivas, sandadoras ou propiciatorias.
"Obxectos de poder" refírese ao estudo dos obxectos asociados nun carácter máxico-simbólico, empregados como combate contra os poderes negativos. O profesor Carlos Solla, entre outros, falaranos da vixencia dos amuletos galegos.
Descargar todas as imaxes