Inaguración da sinalizacións do roteiro en feminino 'Sons de Mulleres'
O sábado 15 de decembro ás 12:00 h. realizarase a inauguración das sinalizacións do roteiro "Sons de mulleres", proxecto de Mulheres Nacionalistas Galegas que conta co apoio e colaboración da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo e que foi concibido como o I Roteiro en Feminino de Vigo co obxectivo de visibilizar as mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia de Vigo. Leva por quince puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo, aínda que a propia historia da cidade as teña silenciadas."mesmo. Este acto terá lugar no punto nº 14 no espazo contra a Violencia de Xénero {situado na rua Ronda de Don Bosco, ao lado do Marco}.
A realidade de Vigo (como a de case que todas as cidades) vive de costas á visibilización das achegas das mulleres. De ahí a importancia deste roteiro recuperando a historia desde unha perspectiva de xénero, visibilizando e empoderando a inmensa labor que temos realizado as mulleres.
Con este Roteiro, queremos acadar que Vigo poña en valor a Igualdade tan necesaria para construir unha sociedade democrática. Unha sociedade onde as mulleres e os homes teñamos os mesmos direitos, onde a desigualdade sexa erradicada das nosas vidas asi como as súas consecuencias.
O Concello de Vigo asumiu a sinalizacion deste roteiro e o próximo sábado 15 de decembro ás 12:00 h. realizarase a inauguración das Sinalizacións do mesmo. Este acto terá lugar no punto nº 14 no espazo contra a Violencia de Xénero {situado na rua Ronda de Don Bosco, ao lado do Marco}.
Si o tempo non o permite, celebrarase o acto no interior do MARCO.