O Concello subvenciona o aluguer das instalacións das asociacións sociais Igual Arte, Feafes e Rosa dos Ventos
As asociacións sociais Igual Arte, Feafes e Rosa dos Ventos recibiron unha subvención municipal para sufragar os custes de alguer das instalacións nas que realizan as súas actividades. Así o deternima o convenio que asinaron hoxe xoves o rexedor e os responsables destas entidades sociais.
O alcalde de Vigo asinou esta mañá convenios de colaboración cos responsables das asociacións Igual Arte, Rosa dos Ventos e Feafes. Nos tres casos, o Concello subvenciona, a través da Concellería de Participación Cidadá, os gastos de aluguer do seus respectivos locais sociais. No caso da Fundación de Feafes (Federación de Asociacións de familiares enfermos mentais de Galicia) a achega é de 22.000 euros, unha cantidade que ascende á 22.000 no caso da Fundación Igual Arte. Pola súa banda, a Asociación de Mulleres de Pescadores das Rías Baixas Rosa dos Ventos recibiu unha axuda de 1.000 euros.
Descargar todas as imaxes