Caballero propón a Renfe evitar o rodeo por Santiago coa liña Vilagarcía-Pontevedra-Vigo-Ourense-Madrid
O alcalde aboga por unha liña de tren Vilagarcía, Pontevedra, Vigo, Ourense, Madrid, en lugar da prevista por Renfe, que obriga aos vigueses a pasar por Santiago para chegar á capital de España.

Abel Caballero aboga por unha liña ferroviaria que saia de Vilagarcía cara Pontevedra, Vigo, Ourense e Madrid en sustitución da conexión que vai de Vigo a Madrid vía Santiago. Apunta que a alternativa de Vilagarcía, Pontevedra, Vigo é a "mellor" ruta posible porque é "máis curta" e cumpre o argumento esgrimido por Renfe cando anunciu que o reforzo Vigo Madrid pasaba pola capital galega para dar servizo a Vilagarcía. Na súa opinión, o operador ferroviario equivócase ao prantexar esta ruta e avanza que lle trasladará a súa alternativa.
Descargar todas as imaxes