O rexedor di que o Concurso de Tapas do Casco Vello é unha acción de "promoción excepcional"
Abel Caballero participou hoxe martes na entrega de premios do VII Concurso de Tapas do Casco Vello. Acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva e os concelleiros de Turismo e Emprego, Cayetano Rodríguez e Santos Héctor, respectivamente, Caballero puxo en valor este tipo de iniciativas porque "forman parte do impulso global que lle queremos dar ao barrio histórico".
Abel Caballero foi o encargado de entregar o primeiro premio do da VII edición do Concurso de Tapas organizado no Casco Vello, "unha acción de promoción exepcional" para o barrio. Logo de agradecer a todos os presentes a súa participación en esta iniciativa "que forma parte do impulso global que lle queremos dar" ao casco histórico". Aludiu á gastronomía, ao comercio, aos mercadiños ou a "importante" partida económica que van recoller os orzamentos para a rehabilitación do mercado de O Berbés para convertila nunha "zona referencial". Durante o discurso, cualificou deste proceso de recuperación do Casco Vello como a tarefa máis "noble porque é recuperar o que fomos".
Na entrega de premios, organizada no Centro Cívico do Casco Vello tamén estiveron presentes a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva; o os concelleiros de Turismo e Participación Cidadá, Cayetano Rodríguez e Santos Héctor, respectivamente.
Descargar todas as imaxes
Na entrega de premios, organizada no Centro Cívico do Casco Vello tamén estiveron presentes a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva; o os concelleiros de Turismo e Participación Cidadá, Cayetano Rodríguez e Santos Héctor, respectivamente.