Escoitar

Os adxudicatarios visitan e elixen os pisos municipais en aluguer de Navia

Os beneficiarios do sorteo ante notario dos pisos que o Concello sacou en aluguer social en Navia visitaron este luns as vivendas para formalizar a elección, que será por orde de lista. O alcalde manifestou que foi "unha maravilla ver o contentos que estaban os adxudicatarios".

luns, 10 dec 2012
1355159397navia.JPG
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron esta mañá cos 28 adxudicatarios as vivendas sociais en Navia que o Concello sorteu en réxime de aluguer. A partir da elección, se redactarán os contratos e procederase á entrega de chaves, co obxectivo, dixo, de que ao longo do mes de xaneiro se produzan as mudanzas.

Os pisos teñen tres habitacións, trasteiro e garaxe e o alugueres oscilarán entre os 110 e os 160 euros, prezos "asequibles" para persoas de rendas limitadas. Dos 28 sorteados, 6 serán para persoas con mobilidade reducida; 13 para persoas con ingresos de hasta 1,5 IPREM (13.900 euros/ano cun fillo); 9 para persoas entre 1,5 e 2,5 IPREM (ata un máximo de 23.000 euros familia de 3 persoas) e, por último, 7 das vivendas quedan para casos de emerxencia social.
Descargar todas as imaxes