Caballero informa da concesión de axudas a empresas para contratación de 26 persoas
O alcalde deu conta dos asuntos abordados hoxe venres na Xunta de Goberno Local, entre os que Caballero destacou a concesión de axudas económicas a 26 empresas da cidade para a contratación doutras 26 persoas. O Concello aporta segundo a duración dos contratos.
Abel Caballero explicou que, por exemplo, o goberno de Vigo achega 1.500 euros para a contratación dunha persoa durante un ano. Con esta medida preténdese incentivar a empregabilidade de colectivos de difícil inserción laboral, como as mulleres ou os menores de 30 anos.
Descargar todas as imaxes