O goberno de Vigo achega 4.250 euros para cofinanciar as actividades da AVV da Miñoca
O alcalde e os responsables da Asociación de Veciños "Praza da Miñoca" asinaron este venres na Alcaldía un convenio de colaboración polo que o Concello de Vigo aporta 4.250 euros para axudar no pago do local que ten a entidade en aluguer e para o desenvolvemento das súas actividades.