O Concello reforza este ano o alumeado de Nadal nas zonas comerciais da cidade
O alcalde, Abel Caballero, asiste este mércores ao aceso da iluminación de Nadal da cidade, no que o Concello fai unha "importante aposta polas zonas comerciales", particularmente nos mercados da cidade. Os preto de 1.000 adornos funcionarán de 18 a 22:30 horas, con horario ampliado en Nadal, Aninovo e Reis.

Abel Caballero subliñou que o alumeado "ocupa todo Vigo", pois estará presente desde hoxe mércores na práctica totalidade das parroquias da cidade. O alcalde indicou que o horario habitual de aceso será de 18 a 22:30 horas, alongándose ata a medionoite os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1, 5 e 6 de xaneiro.
Descargar todas as imaxes