O Concello colabora coa Asociación de Empresarios de Transporte para a creación de emprego
Abel Caballero asinou esta mañá un novo convenio de emprego, nesta ocasión coa Asociación de Empresarios de Transporte Discrecionais de Pontevedra, por un importe de 2.250 euros para xerar un emprego.
O rexedor e a responsable de Asociación de Empresarios de Transporte Discrecionais de Pontevedra rubricaron esta mañá un convenio de 2.250 euros para facilitar a creación dun posto de traballo. Tal e como indicou o alcalde, desde este colectivo empresarial valoraron moi positivamente que unha administración pública leve a cabo iniciativas como o Plan de Emprego Municipal.
Caballero destacou a importancia deste programa na reactivación da económía local e avanzou que cando remate do Plan de Emprego o investimento final será de 2,4 millóns de euros para crear 350 postos de traballo na cidade.
Descargar todas as imaxes