Chega a Vigo o espectáculo "Alicia en el país de las maravillas"
A Concellería de Cultura e Festas colabora co espectáculo "Alicia en el país de las maravillas", organizado por Categórica Produccións, que terá lugar o venres 21 de decembro ás 19,00h no auditorio Mar de Vigo, e que servirá como inicio da programación municipal de Nadal, que se prolongará ata a tradicional Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro.

O espectáculo, a cargo da compañía de teatro La Maquineta, ten recibido varios premios como o Premio Nacional de Teatro 2010 á mellor posta en escena, e os Premios do Teatro Musical ao mellor musical infantil e mellor perruquería e maquillaxe.
As entradas están xa á venda en Servinova, con prezos dende 19,60€.
Descargar todas as imaxes
As entradas están xa á venda en Servinova, con prezos dende 19,60€.