O alcalde presenta unhas contas para 2013 adicadas ao "emprego, benestar e á educación"
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns inicialmente o orzamento do Concello para 2013, que ascende a 228,8 millóns de euros, 8,3 máis que o de 2012. As cifras, segundo subliñou Caballero, terán como "elementos centrais" o emprego, a educación e a política social.
O alcalde, Abel Caballero, presentou este luns o orzamento do Concello de Vigo para 2013, aprobado hoxe inicialmente na Xunta de Goberno Local e que pasarán as mans dos restantes grupos políticos para o seu estudo e eventual validación plenaria.
Abel Caballero salientou como "elementos centrais" o emprego, a educación e as políticas sociais. Segundo detallou, cae a presión fiscal (tanto en taxas como en impostos), cunha reducción dun millón e medio de euros no imposto sobre construccións, o mantemento da taxa cero en terrazas, a conxelación da tarifa municipal da auga e un descenso global do 0,37% nas taxas. As instalacións deportivas percibirán 5,7 millóns de euros, un 8,3% máis que en 2012.
O gasto en política de benestar que programa o goberno de Vigo para 2013 ascende a 15,6 millóns de euros. O rexedor singularizou o incremento nas bolsas de comedor -cunha partida de 1,5 millóns de euros-, as bolsas de idiomas contarán con 1,37 millóns para beneficiar a 600 escolares da cidade, o Servizo de Axuda a Domicilio contará con 2,9 millóns de orzamento e o Centro Integral de Inclusión Social de Vigo -demanda histórica da cidade que abríu recentemente as súas portas en Marqués de Valterra- levarase 664.000 euros.
As escolas infantís municipais, que pasaron este ano de catro a seis centros, suman un investimento do Concello de 1.240.000 euros, un 20% máis que este ano. Caballero afirmou que o orzamento en Educación será de 12 millóns de euros en 2013, un 9% máis, e inclúe os 200.000 euros para a apertura da aula de acceso da UNED no Casco Vello e para acoller, de cara ao próximo curso, as carreiras que solicitará o Concello.
No tocante ao emprego, Caballero cifrou en 20 millóns de euros as partidas económicas neste ámbito, entre investimentos keynesianos e acción directa. O alcalde puxo de relieve os 1,3 millóns para a reforma dos mercados do Berbés e do Progreso, os 227.000 euros para o novo centro cívico da Miñoca, ademáis de recursos para zonas verdes, parques infantís e biosaudables. O socialista tamén indicou que o orzamento contempla segundas fases de humanizacións xa en marcha, como a da rúa Aragón.
O primeiro edil revelou unha merma nas transferencias da Xunta de Galicia para gasto social no 2013 de 365.000 euros, que afectarán a programas como o plan concertado, a drogodependencia e as subvencións a colexios, entre outros. Pola súa banda, o Goberno de España reduce a súa achega á cidade para a teleasistencia e a subvención ao transporte público en 1,2 millóns de euros, que asumirá o Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes