O rexedor e a nova directiva do Club Náutico de Vigo buscan novas vías de cooperación
Abel Caballero e a nova presidenta do Club Náutico de Vigo, Viviana Beatriz García, mantiveron esta mañá unha primeira reunión de conctacto "cunha gran institución desta cidade". Tal e como explicou o rexedor, xa se están buscando novas vías de cooperación a través da Concellería de Deportes.
O alcalde recibiu hoxe martes á nova presidenta do Real Club Naútico de Vigo, Viviana Beatriz García, e parte da nova directiva nun primeiro contacto para concitar a cooperación municipal cunha "gran institución desta cidade e referencia do deporte náutico". Nesta liña, avanzou que os responsables xa están a traballar co concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na busca de novas vías de colaboración que permitan reforzar a súa presenza institucional en Vigo, tal e como solicitou a responsable da entidade ao rexedor durante o encontro que mantiveron esta mañá na Alcaldía.
Descargar todas as imaxes