Urbanismo iniciará en dous días o derribo das naves de Punta Lagoa cumprindo un mandato xudicial<br />
O Concello de Vigo iniciará en dous días o derribo das naves de Punta Lagoa declaradas ilegais polos tribunais. Segundo explicou hoxe luns o rexedor, ese é o tempo que solicitou a empresa propietaria do porto deportivo aos técnicos municipais que esta mañá se achegaron para proceder á demolición ordeada polos xuíces.
Abel Caballero avanzou esta mañá que ténicos da Xerencia e traballadores da empresa concesionaria do derribo se achegaron ás naves de Punta Lagoo para proceder ao derribo "forzoso" determinado polos tribunais. Unha vez alí, explicou, a empresa propietaria solicitou dous días para retirar os barcos instalados e o Concello accedeu a esta petición "aínda que estará vixiante para que a empresa saque as embarcacións". Unha vez pasado ese prazo, o Concello iniciará o derribo das naves que foron declaradas ilegais polos tribunais ao longo dun proceso xudicial que se iniciou en 2004, a primeira vez que unha sentenza determinaba que estas construccións carecían de licenza municipal e que eran incompatibles coa normativa vixente.
O alcalde explicou en rolda de prensa que o Concello interpuxo varias multas cohercitivas que foron confirmadas polos tribunais sen que a empresa propietara prodecera ao derribo e lembrou que Goberno municipal acata, nestes momentos, un contencioso de 2010, ratificado en 2012 polo TSXG que ordea o derribo. Explicou que administración local contratou as obras de demolición, realizou o plan de seguridade e tratou de executar a demolición por primeira vez o pasado 23 de xullo, pero, daquela, a empresa non permitiu o acceso aos técnicos municipais. Caballero precisou que desde a Xerencia de Urbanismo facilitan ao xuzgado correspondente información puntual da actuación do Concello sobre este conflicto urbanístico.