Escoitar

O Concello achega 9.000 euros á Asociación Veciñal Monte da Mina

O alcalde e os responsables da Asociación Veciñal Monte da Mina rubricaron hoxe luns un convenio polo que o colectivo recibirá 9.000 euros para costear gastos de mantemento dos seus servizos e instalacións.

luns, 10 dec 2012
1355159328mina.JPG
Abel Caballero asinou hoxe luns un convenio de colaboración de 9.000 euros coa Asociación Veciñal "Monte da Mina" de Castrelos para colaborar no finanzamento dos gastos de mantemento e as distintas actividades da entidade. Tal e como explicou o rexedor, esta achega económica facilitará a coordinación e xes tión do viveiro de asociacións nas súas instalacións, 8 locais, ademais dunha sala de xuntas e lectura.

Cabalgata
Por outra banda, o alcalde avanzou que na última Xunta local de goberno adxudicouse a contratación do deseño e producción das carrozas para a Cabalgata de Reis. Segundo dixo, o prezo de licitación foi de 45.000 euros e o de adxudicación quedouse en 39.000 euros. Estas cifras volven supoñer unha rebaixa do custe desta contratación, que xa baixara o ano pasado con respecto a 2010. Tal e como avanzou a licitación en 2011 ascendía a 50.000 euros e foi adxudicada por 42.500 euros. Caballero puxo en valor esta diminución do custo sen que a calidade dos traballos se vexa afectada.
Descargar todas as imaxes