Escoitar

Urbanismo aproba os plans urbanísticos de Raviso e Esturáns que amosan a "boa marcha" do PXOM

Abel Caballero apuntou que o Goberno municipal deu luz verde aos proxectos de urbanización de Esturáns e de Raviso, unha proba, dixo, "da boa marcha" do desenvolvemento do Plan Xeral na cidade.

venres, 14 dec 2012
A Xerencia de Urbanismo propuxo á Xunta de Goberno a aprobación do proxecto de urbanización de Esturáns, de 11.000 m2, un plan "de gran envergadura", con 1.500 m2 de zonas verdes e espazos libres, uso residencial de 700 m2. Na mesma sesión, explicou o rexedor, tamén se deu luz verde ao plan de Raviso, un proxecto de reforma interior industrial e comercial, no ámbito da Avenida de madrid. Tal e como dixo, "seguiremos sacando adiante os proxecto de desenvolvemento do Plan Xeral", o que, na súa opinión, evidencia a "boa marcha" do Urbanismo grazas á xestión municipal".

Por outro lado, concedéronse axudas á rehabilitación de dous edificios en Tomás Alonos e Santa Marta, para 15 vivendas. Tamén se concederon 37 licenzas de obras, 11 de primeira ocupación e 11 de actividade, para un investimento de 1,5 millóns de euros.