venres, 21 decembro 2012

O goberno local implementa novas medidas de promoción turística da cidade

venres, 21 dec 2012

Abel Caballero informou da adxudicación provisional de sendos proxectos para mellorar a promoción turística de Vigo, tanto na cidade como no mercado internacional. Por outra banda, o alcalde informou da adxudicación de 47 bolsas de idiomas para os estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

Taller de Nadal sobre elaboración de xabóns naturais

venres, 21 dec 2012

Os días 26, 27 e 28 de decembro terá lugar na instalación educativas de Vigozoo un curso taller de elaboración artesanal de xabóns naturais.Os talleres terán unha duración de tres horas, en horario de mañá (de 10:00 a 13:00) ou de tarde (de 16:30 a 19:30), e están destinados a adultos e nenos acompañantes