Escoitar

Alcalde e comité de empresa, de acordo en conseguir Londres e Francfort para o aeroporto

Abel Caballero reuníuse este xoves co comité de centro do aeroporto de Vigo para "facer unha valoración da marcha e da estratexia" de Peinador e coincidiron en que ésta pasa por consolidar Paris, Madrid e Barcelona e asentar en Vigo conexións con Londres e Francfort.

xoves, 20 dec 2012
1356020466peinador.JPG
As partes, segundo indicou Caballero posteriormente, "compartimos a indignación" en que a Xunta de Galicia estea a subvencionar a unha liña de baixo custe en Santiago que supón "competencia desleal" para o aeroporto de Vigo. A "estratexia" de futuro para Peinador pasa pola "promoción" da terminal viguesa e a consecución destas conexións nacionais e internacionais cos principais aeroportos de Europa.

Abel Caballero avanzou que, tras a entrevista, acordaron manter "reunións periódicas" para pór en común puntos de vista e compartir información sobre a estratexia para potenciar o aeroporto de Vigo. O alcalde indicoulles que Vueling non ten tomada a decisión de non operar a conexión Vigo-Londres no verán de 2013, para o que o Concello segue en conversas coa aeroliña.
Descargar todas as imaxes