O Concello amplía o parque móbil dos Bombeiros con 4 novos vehículos
Trátase dun vehículo de rescate en derrubos, unha bomba urbana lixeira, un todo terreo e un motobomba remolque, cun investimento de 708.000 euros. O alcalde informou tamén de avances na reforma do Mercado do Berbés, na futura sede sociocultural da Praza da Miñoca e no circuito de Castrelos, entre outros.
Abel Caballero informou ademais doutros asuntos abordados na Xunta de Goberno Local celebrada na mañá deste xoves en sesión extraordinaria, reunión na que se procedeu á adxudicación provisional de distintas obras municipais.
"Queremos ter as últimas tecnoloxías aplicables aos sistemas de extinción de lumes porque sabemos da importancia de ter un parque de Bombeiros óptimo en dimensión e en medios materiais", indicou Caballero, quen avanzou que "dentro de pouco" sairá unha nova oferta de emprego pública para "seguir incrementando o plantel" de bombeiros, "clave estratéxica para este Concello" xunto á Policía Local.
Segundo apuntou o alcalde, o Concello de Vigo deu luz verde á contratación por 120.000 euros das obras de mantemento e consolidación do circuíto de adestramento do Parque de Castrelos, á adquisición de 164 bancos para zonas verdes, parques e xardíns da urbe por 32.000 euros e á remodelación da praza do Paseo de Paz Andrade de Bouzas, por 293.000 euros.
O goberno local tamén avanzou na contratación de obras de mellora no Mercado do Berbés e na Miñoca. Na sede comercial do Casco Vello vigués, o Concello adxudica provisionalmente as obras de reforma do Mercado, cun investimento total próximo aos 2,2 millóns de euros dos que case medio millón corresponden á anualidade de 2012. Por outra banda, o Concello deu luz verde ao edificio social e cultural da AVV da Praza da Miñoca, 875.000 euros -en 2012, 290.000 euros- para a futura sede veciñal en Luis Ksado.
Descargar todas as imaxes