Escoitar

O Concello, que creou 884 empregos en 2012, incentiva a contratación de 100 persoas en Citroën

O alcalde deu conta este xoves do programa de emprego directo do Concello de Vigo en 2012, ano no que a administración local xestionou 8,3 millóns directos e deu traballo directo a 884 persoas. Caballero informou ademais dun acordo coa factoría viguesa de PSA para incentivar a contratación de 100 desempregados vigueses.

xoves, 20 dec 2012
1356021531traballo.jpg
Tras a entrega de diplomas do programa laboral municipal Imos Traballar, Abel Caballero indicou que o Concello de Vigo xestionou durante o ano que remata 8.338.000 euros cos que formalizou a contratación directa de 884 persoas da cidade. O rexedor reclamou á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra a posta en marcha na cidade dun plan de emprego similar ao municipal.

Segundo explicou o alcalde, o convenio co centro de Vigo de PSA ascende a 150.000 euros para "subvencionar a contratación de 100 persoas" na factoría de Balaídos, a rubricar desde outubro a marzo de 2013 e cunha duración mínima de seis meses.

Imos Traballar 2
Caballero explicou que é un programa pilotado desde o Concello de Vigo coa participación dos sindicatos e entidades empresariais, co obxectivo de formar e insertar no mercado de traballo a 255 parados, ao tempo que perciben un salario. Este xoves tivo lugar a entrega de 53 diplomas a persoas que agora inician a fase de búsqueda activa de emprego, tamén titorada desde o Concello.
Descargar todas as imaxes